A Universidade de Santiago de Compostela organiza un curso de verán sobre ‘O sabugueiro. Cultivo, propiedades e procesado’.
A formación impartirase no concello ourensán de Vilar de Santos os días 5 e 6 de setembro. O prazo da matrícula remata o 26 de agosto e ten un custo de 70 euros.Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 40 €
Neste curso analizaránse as posibilidades do cultivo do sabugueiro en Galicia, dando a coñecer os principais aspectos relacionados co seu manexo. Así mesmo, dadas as interesantes propiedades das súas flores e froitos expoñeranse as posibilidades de elaboración de distintos produtos. A xornada incluirá unha vista á única plantación regular existente en Galicia, así como ao obradoiro de transformación e preparación de distintos produtos.