Curso sobre o caderno dixital agrario

Dentro do programa formativo que o GDR Costa da Morte desenvolve para a presente anualidade, organízase un novo curso práctico sobre o Caderno Dixital Agrario, que se iniciará no vindeiro mes de outubro, con inicio previsto para o mércores 8 de outubro e que se desenvolverá no Centro Sociocultural de Baio, en horario de tarde.

A sesión está dirixida a persoas agricultoras e gandeiras que desexen aprender a utilizar esta ferramenta obrigatoria para a xestión das explotacións, coñecer os requisitos normativos actuais e resolver dúbidas prácticas sobre a súa aplicación.

Esta acción formativa comezará o 8 de outubro e estenderanse ata o 29 de outubro en horario de tarde (15:00 h – 19:00 h) celebrándose unha xornada por semana coa seguinte distribución e programa:

Introdución e Fundamentos: mércores 08/10/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas
Uso de Software e Ferramentas: mércores 15/10/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas
Uso de Software e Ferramentas: mércores 22/10/2025; horario de 15:00 a 19:00 horas
Análise e Optimización: mércores 29/10/2025; horario de 15:00 a 18:00 horas

O curso é gratuito, con prazas limitadas, e require INSCRICIÓN PREVIA.

Esta iniciativa enmárcase na estratexia do GDR Costa da Morte para promover a sustentabilidade, o emprendemento e a valorización do medio rural, dentro do programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Captura de pantalla 2025-09-15 121256

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información