Curso sobre nutrición e alimentación apícola

A formación impartirase este sábado 3 de setembro na Casa do Mel de Goente, nas Pontes

Publicidade
Curso sobre nutrición e alimentación apícola

O curso abordará as técnicas de alimentación das colmeas.

Data inicio: 03/09/2022
Data fin: 03/09/2022
Lugar: Lugar Goente, 373, 15325 As Pontes de García Rodríguez, A Coruña, España

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza un curso sobre o coidado da nutrición e da alimentación das abellas. O obradoiro impartirase este sábado día 3 de setembro na Casa do Mel de Goente, no concello coruñés das Pontes, en horario de 16:00 a 22:00 horas.

O curso aborda tanto nocións teóricas coma prácticas sobre a eficiencia dos recursos da alimentación e nutrición apícolas. Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición en liña localizando o curso no catálogo do Plan de accións formativas da Consellería de Medio Rural. O coordinador do curso poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamar ao teléfono 982 828 370 ou enviar un correo a mercedes.fra.perez@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *