Data inicio: 24/05/2022
Data fin: 27/05/2022
Lugar: CFEA Guísamo, Lg. Bos, Bergondo, España
A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza un curso sobre os aspectos básicos do mantemento e manexo do tractor, así como dos seus apeiros. A formación celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, no concello coruñés de Bergondo en horario de tarde -de 16:00 a 20:00 horas- entre o vindeiro martes 24 e o venres 27 de maio.
O obxectivo do curso é aportar coñecementos básicos do funcionamento e manexo do tractor, co fin de que os seus usuarios poidan detectar e reducir as principais avarías. Neste senso, darase unha formación básica sobre operacións de mantemento e sobre o enganche e desenganche de apeiros, para evitar accidentes no manexo destas ferramentas. Tamén se abordarán temas sobre prevención de riscos laborais.
Estas iniciativas están dirixidas en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.
A preinscrición deberá descargarse no catálogo de cursos que oferta a Consellería de Medio Rural e remitirse cuberta ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 881 881 043.