Curso sobre mantemento de maquinaria e útiles de xardinaría e arboricultura

Celebrarase dende o luns 18 ao venres 22 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo en horario de tarde e abordaranse cuestións como a tipoloxía de ferramentas, así como nocións básicas de prevención de riscos e primeiros auxilios

Publicidade
Data inicio: 18/10/2021
Data fin: 22/10/2021
Lugar: CFEA Guísamo, Lg. Bos, Bergondo, España

cub cadet xardinA Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza para a vindeira semana un taller temático sobre o mantemento de maquinaria e útiles de xardinaría e arboricultura. Celebrarase do luns 18 ao venres 22 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, no concello de Bergondo, en horario de 16:00 a 21:00 horas.

Así, ao longo das 20 horas que ten este curso, abordaranse cuestións como a tipoloxía de ferramentas e útiles de uso cotiá en xardinaría e arboricultura e o mantemento das mesmas, analizando concretamente as tesoiras de poda, as máquinas segadoras, os escarificadores e as rozadoiras e corta-bordos. Tamén se darán nocións básicas de prevención de riscos e primeiros auxilios.

Formularios de inscrición

A Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace. Nesta páxina poden descargarse tamén as solicitudes de asistencia correspondentes, que neste caso deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal. Para consultar calquera dúbida pode chamarse ao teléfono 881881045.

Estas accións formativas están dirixidas en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma estes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *