O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán (Pontevedra) organiza unha acción formativa sobre drones cun total de 25 horas. Impartirase no mes de xullo, en horario de mañá, os días 7, 8, 9, 10 e 14.
O curso incluirá unha parte teórica e unha práctica de manexo de drons. Na teórica, abordarase tanto o voo de drons en si como a súa utilidade no sector forestal, en cuestións como adquisición de datos e o seu procesado. A teledetección, para valorar cuestións como o vigor dunha masa e o impacto de pragas e enfermidades, é unha das posibles aplicacións.
As persoas interesadas na formación poden contactar co Centro no correo cfea.lourizan@edu.xunta.gal e no teléfono 986 805 088