Curso sobre instalación de invernadoiros do tipo “túnel de eiruga” en Ponte Caldelas

Publicidade

O Sindicato Labrego Galego (SLG) organiza unha actividade formativa sobre a instalación e manexo dos invernadoiros de tipo “túnel de eiruga”. As formacións terán lugar os días 25, 26 e 27 de xuño Centro Cultural de Forzáns, no concello de Ponte Caldelas.

A actividade é totalmente gratuíta e será impartida polo especialista Tomas Wyatt. A inscrición xa está aberta e pódese realizar a través do enderezo electrónico agrotecnico@sindicatolabrego.gal ou do teléfono móbil 669 80 84 18.

Os túneles de tipo eiruga están formados por arcos paralelos que, partindo dende o chan, únense entre si mediante perfís cilíndricos. Eso permite crear estruturas ríxidas que facilitan a ventilación lateral de forma natural. Entre os contidos que se van tratar no curso, destacan os seguintes:

– Introdución técnica aos túneles eiruga: usos, variantes e adaptación a distintos contextos

– Selección e preparación do terreo

– Construcción dun molde para os arcos e outros elementos da estrutura

– Instalación da estrutura e colocación do plástico

– Instalación de sistema de entitorado

Na parte práctica, os participantes poderán visitar as instalacións de Horta da Agra, un proxecto promovido por afiliados do SLG e que ven de poñer en marcha o cultivo de diferentes hortalizas para envasalas en formato mezclum e comercializalas en puntos de distribución.

A actividade conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) e conta coa colaboración na parte organizativa da Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG) e do departamento de Formaciòn Agroalimentaria do MAPA

tunel eiruga

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información