A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), dependente da Consellería do Medio Rural, organiza a semana vindeira en Ribadeo un curso de mellora reprodutiva e inseminación do gando vacún. Impartido no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, está previsto que se desenvolva entre o luns 8 e o mércores 10 de novembro, cun total de 10 horas lectivas.
A formación partirá da base de que a reprodución é un dos factores máis importantes na economía dunha explotación de vacún. Máis concretamente, a inseminación artificial revélase como determinante para a mellora xenética dos animais, posibilitando acceder a exemplares de altas producións nun curto período de tempo, co conseguinte aumento da competitividade e rendibilidade.
O programa formativo inclúe contidos sobre a anatomía e o aparato reprodutor da vaca, así como a detección de celos, incluíndo prácticas para aplicar os coñecementos adquiridos
Así, esta técnica presenta vantaxes como un mellor aproveitamento do macho, un progreso xenético máis rápido, o aumento da fertilidade ou a minimización das enfermidades venéreas que afectan a este tipo de gando.
Nesta liña, o programa formativo inclúe contidos sobre a anatomía e o aparato reprodutor da vaca, sobre a detección de celos e sobre a desconxelación de material xenético, así como sobre pautas de inseminación e sobre palpación rectal, incluíndo prácticas para aplicar os coñecementos adquiridos.
Para participar no curso é preciso inscribirse enviando cuberto o formulario que se pode atopar no seguinte enlace ao enderezo electrónico cfearibadeo@xunta.es. Os interesados en asistir poderán solicitar ademais calquera información adicional chamando ao teléfono 982828556.