Curso sobre fertilización ecolóxica do millo e das pradeiras

A Oficina Agraria Comarcal de Meira, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza esta semana un curso sobre “Fertilización ecolóxica de millo e pradeiras”.

A actividade, de carácter gratuíto, impartirase na modalidade semipresencial os días 10 e 13 de novembro, cunha parte teórica online o día 10 en horario de 11:30 a 14:00 horas e a parte práctica o día 13 en horario de 15:30 a 18:30 horas nunha granxa da Pastoriza. En canto á xornada na modalidade únicamente presencial terá lugar o día 12 deste mes en horario de 11:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas.

O programa é o seguinte:

-Como rexenerar un solo adicto aos adubos químicos.

-Abonar plantas ou alimentar o solo para producir máis e mellor?

-Realización e análise do perfil do solo.

As persoas interesadas en asistir deben presentar este luns a solicitude na OAC de Meira ou enviar un email a oac.seca.meira@xunta.es

Máis información no teléfono 982 870 513

fertilizacion millo eco 2 fertilizacion millo eco 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información