Curso sobre estratexias de márketing dixital enfocado no sector agroalimentario

A Fundación Juana de Vega organiza esta actividade, que terá lugar o día 20 no centro EFA Piñeiral (Arzúa)

Curso sobre estratexias de márketing dixital enfocado no sector agroalimentario

Imaxe de arquivo.

A Fundación Juana de Vega promove o curso “Estratexias de márketing dixital para o sector agroalimentario” que se realizará na sede do centro EFA Piñeiral, en Arzúa. Esta actividade terá lugar o xoves 20 de marzo de 9:00 a 18:30 horas.

O número de prazas ofertadas son 10 e o curso está dirixido a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios, ademais das persoas interesadas. O obxectivo principal é dar a coñecer as tendencias actuais en márketing dixital.

As persoas que asistan tamén aprenderán sobre SEO local, IA, emailmárketing e marketplaces. Ademais levaranse a cabo traballos para poñer en práctica o aprendido sobre contidos dixitais e edición de vídeo. Os interesados en participar poden inscribirse na seguinte ligazón.

O programa do curso é o seguinte:

9:00 – 09:30h. Introdución e fundamentos do márketing dixital

  • Formador: Beatriz Ventosinos, CEO de Ahao Studio

09:30 – 10:30h. Nanoinfluencers e experiencia de compra online

  • Formador: Beatriz Ventosinos, CEO de Ahao Studio

10:30 a 11:00h. Café

11:00 a 12:00h. Marketplaces e dropshipping

  • Formador: Pablo Borrás, CEO de 2beddigital

12:00 a 13:00h. Mesa redonda. Exemplos de éxito de marketplace alimentarios en Galicia

  • Participantes: Carabunhas, Bigcrafters e Plant on Demand
  • Moderador: Pablo Borrás

13:00- 14:00h. Copywriting e SEO Local

  • Formador: Pablo Roca Longueira, SEO e márketing dixital en Juicer Marketing

14:00 – 15:00h. Xantar

15:00- 16:00h. IA e emailmárketing

  • Formador: Fernando Mosquera, responsable de performance en Esterea

16:00 – 18:30h. Taller práctico. Vídeos accesibles para a túa estratexia de márketing

  • Formador: Miguel Rodríguez, xestor de contidos creativos e cofundador de Phil Miller

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información