Data inicio: 11/09/2017
Data fin: 15/09/2017
Lugar: Fundación Juana de Vega, Oleiros, La Coruña, España
A Asociación Mariñas-Betanzos organiza entre os días 11 e 15 deste mes de setembro un curso gratuíto de “Emprendemento rural, recursos locais e cooperativismo”.
Impartirase na sede da Fundación Juana de Vega, en Oleiros (A Coruña), e está dirixido a:
-Produtores agroalimentarios
-Produtores en Agricultura Ecolóxica
-Emprendedores interesados en poñer en marcha unha iniciativa emprendedora no medio rural
-Outras persoas interesadas.
O prazo para inscribirse rematará o venres 8 de setembro ás 12 horas (envíar os datos a info@marinasbetanzos.gal, ou chamando ao 981 669 541).