Curso sobre “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”

Co obxectivo de definir aspectos necesarios para emprender no medio rural, AGACA imparte o taller “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”, que é en liña e gratuíto. Será os días 14, 19, 21, 26 y 28 de xullo, de 10:00 a 13:00h.

Os temas a tratar serán: a importancia social e económica do emprendemento, oportunidades de negocio, xeración e maduración de ideas con éxito, fórmula cooperativa, axudas públicas á posta en marcha do proxecto e elaboración do plan emprendedor. Ademais, presentaranse 12 sectores que supoñen unha oportunidade de negocio no medio rural.

As persoas interesadas en poden matricularse en www.agaca.coop

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Socia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información