Curso sobre elaboración de produtos lácteos

Publicidade
Curso sobre elaboración de produtos lácteos
Data inicio: 01/10/2020
Data fin: 11/11/2020
Lugar: CFEA Pedro Murias A Granxa,- Vilaframil 27797 Ribadeo (Lugo)

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias, de Ribadeo (Lugo), acollerá durante os próximos meses un curso teórico – práctico sobre a elaboración de produtos lácteos.

A formación consistirá en talleres que se levarán a cabo en días alternos durante o mes de outubro en quenda de tarde: de 15.00 a 20.00 horas. O obxectivo fundamental do curso é que os participantes adquiran coñecementos básicos do proceso de transformación do leite en produtos lácteos de amplo consumo.

No curso tratarase de dar a coñecer ó alumnado os principais compoñentes do leite, así como a importancia detes dentro da estabilidade da solución e, polo tanto na elaboración dos produtos lácteos. Tamén se abordarán os diferentes tipos de callado, á par que detallarán os fundamentos básicos na fabricación de queixos e leites fermentadas.

Os participantes tamén coñecerán as distintas etapas do proceso produtivo, así como as tecnoloxías máis empregadas ou os parámetros de control que poden incidir na calidade do produto final.

De xeito teórico e práctico abordarán algúns dos queixos máis populares en Galicia como son: Arzúa – Ulloa, Tetilla, San Simón ou Cebreiro. Ademais, nas sesións tamén coñecerán a elaboración dos queixos frescos enzimático tipo Burgos, o requeixo ou o iogur.

As prácticas realizaránse na aula de lácteos do centro nos seguintes días:

-Elaboración do queixo D.O Arzúa – Ulloa: 14/10/2020

-Elaboración queixo D.O Tetilla: 21/10/2020

– Elaboración queixo D.O San Simón da Costa: 28/10/2020

– Elaboración queixo D.O Cebreiro e requeixo: 04/11/2020

-Elaboración queixo fresco e iogur: 11/11/2020

As persoas interesadas en participar poden formalizar a inscrición no propio centro ou a través dos teléfonos 982 828 552 e 982 828 554 ou no enderezo electrónico cfearibadeo(arroba)xunta.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información