Curso sobre cultivo e manexo da mazá de sidra en ecolóxico

Publicidade
Curso sobre cultivo e manexo da mazá de sidra en ecolóxico

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto impartir a semana que vén na Estrada un curso sobre maduración, recolección, manipulación e mecanización da mazá de sidra en ecolóxico. Organizado pola Oficina Agraria Comarcal (OAC) desta localidade pontevedresa, está programado para desenvolverse no Novo Mercado entre o luns 13 e o venres 17.

A formación impartirase na Estrada ao ser un concello que destaca polo seu cultivo de mazá de sidra en ecolóxico, cunha produción actual de arredor de 100 hectáreas que ten previsión de incrementarse. Así mesmo, este municipio pontevedrés conta cunha ampla tradición na elaboración de sidra, cunha maioría dos produtores integrados na cooperativa Ullama, que ten máis de 60 socios dedicados á produción de mazá en ecolóxico.

O obxectivo desta acción, que se impartirá en horario de tarde ao longo de 16 horas de formación, é mellorar as técnicas de produción de mazá de sidra e enfocalas ao cultivo ecolóxico, así como a mecanización co obxectivo de reducir custos para aumentar a rendibilidade dos cultivos. En concreto, no programa constan contidos sobre a produción e a comercialización da mazá de sidra, o seu aproveitamento industrial, a súa maduración, a súa recolección e transporte e o seu proceso de elaboración.

Por último, o venres 17 está prevista unha visita ao campo de ensaio de Maeloc, onde se explicará todo o proceso de maduración, recolección, manipulación e mecanizado da mazá de sidra en ecolóxico. Así mesmo, realizarase unha práctica con maquinaria de vareado portátil, vareado adaptado ao tractor e recolección mecanizada.

As persoas interesadas poden descargar a solicitude de inscrición nesta ligazón. A ficha deberá remitirse cuberta ao enderezo electrónico paula.barciela.alonso@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 886159347.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información