Curso sobre comunicación dixital para adegas

Publicidade

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza o vindeiro xoves en Ourense un curso sobre a importancia dun plan de comunicación dixital en empresas vitivinícolas. A acción formativa terá lugar no recinto feiral de Expourense en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas.

Nesta xornada daranse a coñecer as vantaxes e importancia do uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na xestión dunha empresa en xeral e dunha vitivinícola en particular. Así, analizaranse as posibilidades estratéxicas destas ferramentas no márketing dixital e na venda en liña, ademais de aprender a elaborar un plan de comunicación dixital.

Esta acción está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa viticultura, agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Os interesados poden inscribirse a través do formulario de solicitude de asistentes dispoñible en https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021. Os formularios deberán ser enviados ao correo electrónico evega.medio-rural@xunta.gal e se precisan información adicional poderán chamar aos teléfonos 988 788 085 e 988 188 090.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información