O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos organiza unha xornada de formación teórica e práctica sobre as características físico-químicas do mel e a IXP Mel de Galicia que inclúe unha cata de meles.
A data prevista é o xoves 3 de novembro en horario de tarde, de 16 a 21 horas nas instalacións do CFEA de Monforte de Lemos (Rúa Alfredo Brañas s/n).
O programa detallado dos temas a tratar é o seguinte:
1.- Características do mel. Principais parámetros físico-químicos. Valores típicos do mel producido en Galicia. A IXP Mel De Galicia.
2.- Orixe botánico do mel. Características palinolóxicas.
3.- Cata de diferentes tipos de meles. Cristalización do mel e alteracións máis comúns.
Quen se queira inscribir debe facelo a través do seguinte enlace poñendo este código do curso: FC2022F127135
Para máis información pode chamarse por teléfono ao 982889106 ou enviar un email a cesar.crespo.vazquez@xunta.gal.