Curso sobre canles curtas de comercialización no sector agroalimentario

A formación, impartida pola Fundación Juana de Vega ofrécese en modalidades online e semipresencial. O prazo de inscripción remata o 7 de setembro

Curso sobre canles curtas de comercialización no sector agroalimentario

Mercado de proximidade. / Arquivo.

A Fundación Juana de Vega organiza un curso sobre canles curtas de comercialización no sector agroalimentario. Ofrécense dúas modadalidades de participación, online e semipresencial (35 horas de formación online e 3 sesións presenciais de 3 horas na sede da Fundación). As persoas interesadas poden inscribirse ata o 7 de setembro.

A actividade enmárcase no proxecto Erasmus + ‘Foodimprove iders’. A parte online do curso inclúe 8 módulos:

– Presentación do proxecto.
– Seguridade alimentaria.
– Xestión
– Etiquetado.
– Cadeas alimentarias alternativas.
– Procesado do alimento.
– Marketing.
– Casos de estudo (4 conferencias web de 30 minutos cada unha sobre os seguintes temas: market place, comedores escolares, agrupación de produtores e grupos de consumidores).

As sesións presenciais abordarán cuestións de branding (xestión da marca e do seu posicionamento) e de marketing (produto, promoción e distribución). Tamén están previstas visitas técnicas a empresas locais.

As persoas interesadas poden consultar toda a información do curso e inscribirse no formulario habilitado na web da Fundación Juana de Vega.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información