Curso sobre cálculo de estruturas de madeira en Lugo

A Xunta aposta polo emprego da madeira na construcción como elemento clave na xeración de valor do recurso forestal, por iso impulsa formación para mellorar a competitividade do sector

Publicidade
Curso sobre cálculo de estruturas de madeira en Lugo

A Xunta de Galicia aposta polo emprego da madeira no eido da construción, ben sexa en obra nova, ou en rehabilitación. “A madeira é un produto renovable, sustentable e pódese utilizar, reutilizar e reciclar é unha materia prima clave na xeración de valor do recurso forestal e para o modelo de transición de Europa cara a unha bioeconomía circular destinada a impulsar a competitividade global, fomentar o crecemento económico sustentable e a xeración de novos postos de traballo”, detallou o director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos.

As declaracións tiveron lugar durante a apertura do Curso de formación específica en cálculo de estruturas de madeira, que se desenvolve en Lugo, en colaboración con Pemade (Campus Terra USC). Así, Ríos lembrou que o Goberno galego conta tres liñas de axuda (Xera-savia, Xera-tecno e Xera-valor) para mellorar a competitividade da cadea monte-industria e impulsar un sector que supera as 3.300 empresas e xa representa o 1,7 % do PIB galego.

Uns programas de apoios para os que este ano se reservaron algo máis de 16 millóns de euros. Cómpre lembrar que o pasado 19 de xaneiro, o Consello da Xunta daba conta dos avances na tramitación do plan director do sector forestal, ferramenta que marcará a folla de ruta desta industria nos vindeiros anos para potenciala, incrementar a súa competitividade e xerar emprego de calidade, e que se agarda poida estar aprobado este verán

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información