Data inicio: 05/10/2024
Data fin: 05/10/2024
Lugar: Concello de Celanova, Plaza Maior, Celanova, España
A asociación Abellas Nais, o Sindicato Labrego Galego e a COAG organizan un curso sobre burocracia na apicultura. A formación celébrase o sábado 5 de outubro no Salón de Arcos do Concello de Celanova (Ourense).
Neste curso intensivo trataranse cuestións de actualidade no ámbito da apicultura, como a normativa actualizada, o Plan Apícola, seguros, axudas da PAC ou de incorporación, entre outros temas. O curso será impartido polo apicultor e traballador do Sindicato Labrego Galego Brais Álvarez.
Esta formación está dirixida a persoas traballadoras, autónomas ou desempregadas. Comezarase ás 10:30 horas ata ás 13:30 horas, facendo unha pausa para xantar. Retomarase o curso ás 15:30 horas e rematarase sobre as 17:30 horas. O xantar é de balde, e para ter unha previsión dos participantes cómpre inscribirse no 686 099 644.
A actividade está financiada ao 100% polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e conta coa colaboración do Concello de Celanova.