Curso sobre benestar animal no transporte

A formación impartirase do 24 de xuño ao 4 de xullo, cunha duración total de 20 horas, e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos

Publicidade
Curso sobre benestar animal no transporte
Data inicio: 24/06/2022
Data fin: 04/07/2022
Lugar: CFEA - Centro de Formación y Experimentación Agraria de Monforte de Lemos, Rúa Alfredo Brañas, Monforte de Lemos, España

A Axencia Galega da Calidade Alimenaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza curso de formación profesional e adquisición de nocións básicas en benestar animal no transporte. A formación impartirase no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos do 24 de xuño ao 4 de xullo cunha duración de 20 horas que se levarán a cabo cun horario desde as 16:00 ata 20:00 horas.

O obxectivo do taller é conseguir un persoal formado no desenvolvemento do transporte de animais. Abordaranse aspectos tanto teóricos coma prácticos no relativo ao benestar animal. Esta iniciativa está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. Así mesmo, o taller tamén pretende ofrecer unha oportunidade laboral á xuventude do medio rural galego.

As persoas interesadas en participar neste curso deberán formalizar a inscrición cubrindo en liña a solicitude que atoparán no plan de accións formativas da Consellería de Medio Rural. O coordinador do curso poñerase en contacto coas persoas matriculadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103 ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información