Curso sobre benestar animal en Boqueixón

A formación empezará este próximo sábado 3 de setembro e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

Publicidade
Curso sobre benestar animal en Boqueixón
Data inicio: 03/09/2022
Data fin: 01/10/2022
Lugar: Centro de formación y experimentación agroforestal de Sergude, Xunta de Galiza, Place of Sergude, Quián, España

A Axencia Galega de Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza un curso formativo para a adquisición de competencias en lexislación de benestar animal. O obradoiro darase os días 3 e 17 de setembro, así como o 1 de outubro, no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón. O horario do curso será tanto de mañá, dende as 9:00 ata as 14:00 horas, como de tarde, dende as 16:00 ata as 21:00 horas.

O programa do obradoiro contén tanto nocións teóricas, que se darán durante os tres días da acción formativa, como prácticas, impartidas na tarde do 1 de outubro. O bloque práctico inclúe unha visita ás instalacións de As Regas S.A.T. e a unha explotación do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude antes de finalizar o curso cun exame.

O curso busca formar ó alumnado sobre a diversa lexislación de benestar animal tanto a nivel europeo como nacional e galego. Así mesmo, pretende proporcionar a formación esixida a persoal de explotacións, condutores/as e coidadores/as.

As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición en liña ó localizar o curso no plan de accións formativas da Consellería de Medio Rural para este 2022. O coordinador do curso poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitida. Para consultar calquera dúbida, pode chamar ao teléfono 881 86 73 31 ou enviar un correo a cursos.agacal.sergude@edu.xunta.gal.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información