Curso sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC en Lugo e no Corgo

Lugo acolle hoxe un dos cursos e O Corgo outro mañá mércores, ambos en horario de 15.45 a 20.45 horas. A actividade está organizada pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria

Curso sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC en Lugo e no Corgo

Imaxe do Sixpac. / Arquivo.

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso sobre aplicacións informáticas para a xestión da PAC. A acción formativa desenvolverase ao longo dunha xornada en horario de 15:45 a 20:45 horas e contará con dúas edicións, que se celebran hoxe martes 27 en Lugo e mañá mércores 28 no Corgo.

O curso está dirixido a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Ao longo das cinco horas de duración desta acción formativa, instruirase aos alumnos na actualidade sobre a xestión da PAC e a súa condicionalidade, ademais da presentación das aplicacións informáticas relacionadas co tema. Deste xeito, ensinarase o funcionamento das aplicacións Sga@pp, Sgafot, InfoPAC, consultas PAC (que se encontra na web do Fondo Galego de Garantía Agraria -Fogga-), así como o Sixpac.

Con esta programación, o obxectivo principal do curso é facer chegar aos titulares de explotacións agrarias a información precisa para que poidan anticiparse aos cambios tecnolóxicos que se precisan para xestionar as parcelas suxeitas ás axudas PAC, a súa condicionalidade e a subida de datos ás plataformas de xestión mediante apps específicas.

Os interesados poden consultar todas as accións formativas e de transferencia organizadas pola Consellería do Medio Rural neste ano 2021 nesta web, na que tamén poden solicitar a inscripción.

Para os cursos sobre a PAC en Lugo e no Corgo tamén é posible chamar á Oficina Agraria Comarcal de Lugo: 982 294 936.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información