Data inicio: 30/06/2017
Data fin: 08/07/2017
Lugar: Bueu, España
Xa está aberta a posibilidade de inscribirse no “Curso sobre alternativas para o monte a partir dos recursos locais”. O curso está organizado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade de Vigo e trata sobre as alternativas para a dinamización do monte a partir dos recursos propios.
O curso, que terá lugar en Bueu os días 30 de xuño e 1, 7 e 8 de xullo, conta co apoio económico deste concello pontevedrés e coa colaboración da Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo.
O programa completo do curso é o que segue:
DÍA: 30/06/2017
09:00-09:30 h Presentación do Curso
-Alcalde do Concello de Bueu
-Presidente da Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo
-Xavier Simón Fernández, Director do Curso
09:30-11:00 h O monte en Galicia: Antecedentes históricos e usos na sociedade tradicional. Damián Copena. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía.
Universidade de Vigo
11:00-12.30 h Propiedade comunitaria e xestión colectiva en Galiza e Portugal: Retos e oportunidades. Damián Copena e Xavier Simón. Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía. Universidade de Vigo
12.30-14.00 h Presentación proxecto COMUNIX: Participación activa de mozos e mozas na gobernación de áreas comunitarias. Alberte Román. Trespés Soc. Coop. Galega
16.00-17.30 h A custodia do territorio: Unha alternativa para a conservación do monte. Óscar Rivas. Asociación Galega de Custodia do Territorio
17.30-19.00 h Ridimoas (1976-2017): estudo, defensa e conservación do bosque. David Rodríguez Barra. Asociación Cultural-Ecolóxica Ridimoas
19.00-20.30 h Vida Común arredor do Monte Común. Carme Freire Cruces e José Carlos Figueroa Boeda (Maisdetres)
DÍA: 1/07/2017
09:30-11:00 h A xestión colectiva de montes privados, diversos exemplos de iniciativas sociais. Asociación de Propietarios de Monte do Morrazo.
11:00-12.30 h Biomasa forestal, unha oportunidade para a obtención de bioenerxía. CMVMC de Coruxo
12.30-14.00 h Xestionando integralmente o monte: produción de fertilizantes e produción de carne
Abonos Lourido
16.00-17.30 h Xestión forestal sustentable no monte galego: O caso do monte comunal de O Rosal
CMVMC do Rosal
17.30-19.00 h A resinación de piñeirais: aproveitamento integral e xestión sustentable. Édgar Fernández Blanco. Alianza de Resineros Gallegos (Aresga)
DÍA: 7/07/2017
09:30-11:00 h Abella Lupa SAT: abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural. Alexandre Cendón González. SAT Abella Lupa
11:00-12.30 h Recuperación de terras abandonadas con gando menor, da produción á comercialización. Joán Alibés Biosca e Quico Ónega. Beelia Cordeiro e Cabrito Atlántico.
12.30-14.00 h Porco celta no monte do Incio: xestión comunitaria de monte privado individual e colectivo. Carlos Gallego López. Cooperativa Porco Celta Incio.
16.00-17.30 h Galeguesa, criando gando e pechando círculos. Aser Álvarez e CIA
17.30-19.00 h Monte Cabalar: Explotación cooperativa e gandeira das propiedades do monte. Monte Cabalar Sociedade Cooperativa Galega
DÍA: 08/07/2017
09:30-11:00 h Iniciativas innovadoras no Monte Veciñal de Couso. CMVMC de Couso (Gondomar)
11:00-12.30 h O sabugueiro, un monte de ideas. Eva González e Nelson Alonso (Carabuñas)
12.30-14.00 h O Proxecto Batefogo. Prevención de lumes a través da participación social.
Miguel Pardellas Santiago (Proxecto Batefogo) e Paula Lubián Fernández (Feitoría Verde Soc. Coop.)
16.00-21.00 h Visitas a experiencias de monte no Morrazo
Xavier Simón, Damián Copena e axentes locais
Taxas e matrícula:
Persoas non universitarias: 30 euros
Comunidade Universitaria: 19,5 euros
Persoas empadroadas en Bueu: 19,5 euros
http://extension.uvigo.es/extension_gl/cultura/
Horas ECTS: 34,5
Créditos de Libre Elección: 1,0
Teléfono: 986 813 817
E-mail: xnvicext@uvigo.es
Máis información:
ecoecoagro@uvigo.es
http://webs.uvigo.gal/economiaecoloxica