Continúan abertas as inscricións para o curso semipresencial de incorporación á actividade agraria en gandería extensiva organizado polo GDR Limia- Arnoia e que comeza o vindeiro luns, 23 de maio. O curso ten unha duración de 100 horas; das cales 50 son online e as outras 50 son presenciais.
A formación divídese en 3 módulos independentes entre sí, nos que se tratarán temas como a agrotecnoloxía, a produción de forraxes e alimentación de gando e o manexo do gando e a produción de carne.
Para obter a certificación do curso, emitida pola Consellería do Medio Rural, é necesario superar a parte online e asistir ao 100% das clases presenciais, que se impartirán no concello ourensá de Xunqueira de Ambía. A parte online realizarase a través do campus virtual do Sindicato Labrego Galego, ao que se poderá acceder as 24 horas do día dentro das datas do curso. Pódese consultar aquí o programa completo do curso.
Inscricións
As inscricións deberán realizarse antes deste venres, 20 de maio, a través deste enlace. As persoas interesadas pode obter máis información no 988 688 779 ou no enderezo electrónico info@limia-arnoia.gal