Curso para tratamentos de sanidade vexetal aplicados con drons

Impartiranse no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos os vindeiros 27, 28 e 30 de setembro, en horario de mañá, desde as 10.00h ás 14.15h

Curso para tratamentos de sanidade vexetal aplicados con drons

Esta xornada de formación con dron inclúe unha parte teórica e outra parte práctica

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria organiza catro xornadas teórico-prácticas sobre tratamentos aéreos con drons en sanidade vexetal en Monforte de Lemos. Os obradoiros impartiranse no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal os días 27, 28, 29 e 30 de setembro cun horario de mañá desde as 10.00 ata as 14.15 horas.

O obxectivo desta acción formativa é dar a coñecer os conceptos básicos nos tratamentos aéreos, as normativas ás que están suxeitos e os drons como maquinaria agrícola alternativa para a realización de tratamentos preventivos, mellorantes ou curativos en sanidade vexetal. A iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e da cadea forestal-madeira.

O programa formativo recolle primeiramente a evolución e tendencia da agricultura dando conta de diferentes esixencias normativas, para logo abordar a xestión integrada de pragas e a agricultura de precisión, con revisión de conceptos e exemplos prácticos. Deseguido, tratarase a normativa sobre seguridade aérea e sanidade vexetal e os tratamentos con drons, para finalizar cunha demostración atendendo á preparación de equipos, ao voo e á comprobación de eficiencia do tratamento.

A preinscrición en liña xa está accesible nesta páxina cubrindo os datos necesarios, e ademais pode atoparse o referido curso. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información