Curso para mellorar a xestión tecnico-económica das explotacións

O Campus de Lugo organiza, coa axuda da Deputación, formación semipresencial de balde para ganderías leiteiras. O prazo para inscribirse remata o mércores 19 de agosto

Ganaderia Xuiz sala de muxido3O Campus Terra da USC organiza, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, un curso dirixido a gandeiros e gandeiras interesadas en mellorar a xestión técnica e económica das súas explotacións. A iniciativa está aberta tamén a outros técnicos e traballadores do sector até un máximo de 60 prazas.

O curso consta de 2 xornadas presenciais, que terán lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo os días 21 e 31 de agosto e de 5 horas de formación online. A formación será impartida polo asesor agrogandeiro Xan Pouliquen e está dirixida principalmente a gandeiras e gandeiros de leite, aínda que tamén poden participar gandeiros doutros sectores.

A formación será impartida por Xan Pouliquen e está dirixida a gandeiros de leite

O remate do curso conleva un diploma oficial. O curso consta de 6:30 horas presenciais repartidas en dúas sesións que terán lugar na Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo os días 21 (de 15 a 17:30) e 31 de agosto (de 15 a 19 horas), mais outras 5 horas de formación online.

O espazo para as actividades presenciais está dotado cos medios necesarios para garantir as medidas sanitarias fronte ao COVID, sendo preciso traer mascarilla e DNI. No caso de producirse algunha excepcionalidade relacionada coa pandemia que dificultara a convocatoria presencial procederíase a realizar a actividade de xeito online.

A limitación de aforo fai que haxa só 60 prazas dispoñibles

O prazo para inscribirse remata o mércores 19 de agosto, sendo o límite de prazas de 60, que se asignarán por orde de inscrición, valorándose ter participado na enquisa previa realizada entre o sector durante o mes de maio por parte da universidade.

Unha vez feita a inscrición procederase a asignar credenciais de usuarios para entrar na plataforma de formación da USC. O curso é totalmente gratuíto polo que os organizadores agradecen o compromiso de rematalo a fin de evitar que se perdan prazas de posibles interesados.

As inscricións poden facerse a través do correo electrónico pedrofiz.rocha@usc.es e para calquera aclaración está habilitado o teléfono 630526850.

Unha das principais inquedanzas do sector

Durante o mes de maio pasado, o Campus Terra da USC lanzou unha enquisa para coñecer o impacto da COVID-19 nas explotacións lácteas galegas e que papel podería xogar a universidade para apoiar aos gandeiros. Entre os resultados obtidos destaca a ampla demanda de formación en xestión tecnico-económica das explotacións lácteas como ferramenta para mellorar o manexo das distintas variables que afectan ás gandarías nun momento de incertidume como o actual.

Por este motivo, dende o Campus Terra da USC decidiron organizar esta formación semipresencial e gratuíta en Xestión Técnico Económica de explotacións leiteiras. Este curso inscríbese dentro da posta en marcha da Granxa Campus Terra, unha explotación de vacún de leite con fins docentes e investigadores, por parte da USC en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información