A Área de Servizos Agrarios Betanzos-Ferrol, en colaboración co Concello de San Sadurniño, organiza un curso de formación para a comercialización de produtos hortícolas e do mel. Terá lugar na aula de cultura do municipio durante 11 días, do 17 ao 31 de outubro, en horario de tarde, de 16.00h a 20.00h. O código do curso é o FC2022F115102, e a súa asistencia require de preinscripción, a cal pode facerse a través deste enlace.
Os obxectivos deste curso pretenden dar coñecementos sobre os principios de mercado, a través da fixación de bases dun proxecto con diferentes escenarios legais; de gamas e normativas de etiquetado, co seu correspondente estudo para as necesidades de diferentes tipoloxías de produto; de custes e análise en Excel de datos para definir un prezo de venta público no mercado; de elaboración dunha estratexia comercial e marketing, e a cerca de análise de casos de alumnos e asesoramento a proxectos concretos.
Este curso é gratuíto e está cofinanciado con fondos europeos Feader nun 75%, e a porcentaxe restante a partes iguais entre o Estado e a Xunta de Galicia. Así mesmo, está destinado ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego. Para obter máis información está habilitado o teléfono 981 33 70 48 -Antonio Álvarez, coordinador da formación-, ou o 981 33 70 49 -María José Puentes-.
Aquí está dispoñible o cartel do curso, e a continuación exponse o programa:
1. Principios de mercado (2 horas):
1.1. Definición de un plan empresarial: Identificación e prospección de mercado. Análises de viabilidade
1.2. Apartados necesarios a ter en conta nun plan empresarial: Descrición do proxecto, coñecemento da competencia. Ámbito de traballo. Inversión. Financiación.
2.Gamas e normativas de etiquetado (7 horas):
2.1. Normativa aplicable: Lei 2/2005 de promoción e defensa da calidade alimentaria galega. RD 1334/19999 Norma xeral de etiquetado, presentación, e publicidade dos produtos alimenticios. Decreto 124/2014 polo que se regula en Galicia a venta directa dos produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final. IXP Mel de Galicia.
2.2. Gamas dos produtos alimentarios e as súas especificacións.
2.3. Exemplos e exercicios.
3. Custes e análise en Excel (9 horas):
3.1. Identificación de custes e casuística das diferentes orientacións produtivas. (Custes fixos, variables, directos, indirectos, e optimización)
3.2.Variables de interese e indicadores: Económico-financeiros, comerciais, produción, RRHH
3.3.Recompilación de datos para análise de custes.
3.4. Análise e cálculo de rendementos en Excel
4.- Estratexia comercial e marketing (12 horas):
4.1. Mercado actual e futuro
4.2. A sustentabilidade como eixo fundamental
4.3. Estratexia de produto, de prezos, de distribución, de comunicación
4.4. Caso práctico: dinámica de grupo
5. Estratexia empresarial: análise de casos (12 horas):
Análise individualizado e circunstancias para o proxecto de cada alumno/a.