O Sindicato Labrego Galego organiza no concello lugués de Friol un curso gratuíto sobre nocións básicas de manexo da maquinaria agrícola e do gando.
A formación impartirase os días 17, 18 e 19 de decembro en horario de 16h a 20h os días 17 e 18 e de 15h a 19h o día 19.
A inscrición pódese ralizar escribindo a lugo@sindicatolabrego.gal ou chamando ao 982 23 11 54
Temario:
– Cercas e pastor (17/12):
* Instalación de cercas
* Que pastor escollo
* Como educar as vacas
– Manexo de animais en extensivo. (17/12):
* Como saco e meto animais
* Como cambiar animais na parcela
* Pastoreo e protección
– Desbrozadora e motoserra. (18/12):
* Identificación dos riscos e medidas preventivas
* Prevención de riscos laborais e boas practicas
– Tractor e maquinaria. (19/12):
* Operacións básicas no tractor
* Mantemento

Actividade organizada polo Sindicato Labrego Galego e a COAG e financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA)
Galego









Control OJD