Curso para aprender a calcular e analizar os custos de produción nunha granxa de vacún de leite

Curso para aprender a calcular e analizar os custos de produción nunha granxa de vacún de leite

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Boqueixón, dependente da Consellería do Medio Rural, acollerá durante o día 17 de xuño un curso de formación e adquisición de competencias sobre o análise do custo de produción do leite. A acción formativa levarase a cabo no centro e terá unha duración total de 5 horas, dende as 15:30 ata as 21:00 horas.

O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre os custos de produción de leite no sector gandeiro, así como outros conceptos orientados a este eido produtivo. Esta iniciativa está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, e tamén ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto a xuventude do medio rural.

A inscrición pódese facer online dende esta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 867 327, ou enviarse un correo a cursos.agacal.sergude@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información