AGACA impartirá o obradoiro gratuíto “Sistema integrado, xestión de explotacións agroalimentarias” que se realizará entre o 3 e o 28 de febreiro en modalidade de teleformación. As persoas rexistradas poderán acceder aos contidos a través dunha plataforma en liña no momento que desexen.
Os módulos 2, 3 e 4 están homologados pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, polo que as persoas que se conecten á formación durante as horas establecidas para cada un deles e superen os exames da Consellería, terán dereito a un certificado emitido pola devandita entidade.
A inscrición realízase gratuitamente na seguinte ligazón ata o 30 de xaneiro. O contido do obradoiro é o seguinte:
Módulo 1: Cooperativismo no sector primario. Duración: 20 h.
Módulo 2: Benestar Animal. Explotacións. Duración: 20 h.
Módulo 3: Operador de Granxa. Duración: 20 h.
Módulo 4: Benestar Animal. Transportistas. Duración: 10 h.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.