Curso online sobre certificacións de calidade

A formación, impartida por AGACA, é de balde e desenvólvese entre o 3 de xaneiro e o 18 de febreiro nunha plataforma en liña con acceso 24 horas

O 3 de xaneiro comeza un obradoiro de teleformación titulado A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais, que remata o 18 de febreiro.

Realízase nunha plataforma en liña de formación e o alumnado pode acceder aos contidos en calquera momento, ata completar as tres unidades temáticas: Cooperativismo no sector primario, Certificacións de calidade (ISO, GLOBAL GAP, BRC/IFS e vacún de leite) e Certificacións de calidade ambientais (ISO, análise de ciclo de vida e pegadas de carbono e hídrica). A duración estimada é de 70 horas.

Trátase da sexta edición deste curso, que xa contou con máis de 140 participantes. As persoas interesadas poden matricularse en www.agaca.coop e pedir información no 981 584 783.

AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) imparte estes cursos, que se enmarcan na programación 2022 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo y Economía Social.

agaca1agaca2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información