O Sindicato Labrego Galego, co fincanciamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, organiza un curso online de prevención de riscos laborais na actividade agropecuaria.
A formación dura 40 horas e impartirase do 15 de xullo ao 30 de agosto. Inscricións no formulario https://forms.gle/RD3TQSbojaua2jev5, nos contactos formacion@sindicatolabrego.gal (981 554 147) ou nos locais do SLG.