Curso online de prevención de riscos laborais na actividade agrogandeira

O Sindicato Labrego Galego organiza en vindeiras datas un curso online de prevención de riscos laborais na actividade agrogandeira.

A inscrición é gratuíta e as persoas participantes poden formarse dende a casa cun teléfono móbil, unha tableta ou unha computadora.

Datas: do 10 de agosto ao 20 de setembro (40h)

C͟o͟n͟t͟i͟d͟o͟s:

– Conceptos básicos de seguridade e saúde no traballo.
– Riscos xerais e a súa prevención.
– Primeiros auxilios.
– Elementos básicos na prevención dos riscos laborais
– Riscos específicos na actividade agraria.
– Perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais.

Inscricións: formacion@sindicatolabrego.gal (981 554 147) ou contactar co local do SLG da comarca máis próxima.

 A actividade conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

prl_online_veran2026

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información