A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) abre a convocatoria para a terceira edición do Curso de Incorporación á explotación agraria, orientación vacún de leite e Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios. O curso, de carácter gratuíto e que se realizará na modalidade online, comezará no mes de setembro.
En canto á duración, mentres a parte de Incorporación á producción de leite de vacún consta de 250 horas, a de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios será de 25 horas.
As personas interesadas en participar poden matricularse cubrindo o formulario que aparece neste enlace.
O curso está dirixido a personas desempregadas con intención de incorporarse ao mercado laboral nunha explotación ganadeira. Ademáis, conta coa homologación da Consellería do Medio Rural.
Temario. Módulos
1.- A empresa agraria (30 horas).
2.- Xestión técnico-económica da empresa agraria (30 horas).
3.- Asociacionismo, comercialización e trazabilidade (30 horas).
4.- Relacións laborais e prevención de riscos laborais (30 horas)
5.- Sensibilización medioambiental (30 horas).
6.- Agrotecnoloxía (30 horas).
7.- Produción de forraxes e alimentación do gando (40 horas).
8.- Produción de leite e manexo do gando (30 horas).
As personas que desexen matricularse deben cubrir este formulario.