O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia (CMD) pon en marcha a segunda edición do Curso online de deseño, prefabricación e montaxe mediante entramado lixeiro de madeira. A formación dispón de 18 prazas e levarase a cabo os días 10, 11, 12, 13, 14, 17, 18, 19, 20 y 21 de novembro; é decir, dúas semanas de 5 días a razón de 3 horas ao día. O horario será de 16:00 a 19:00 horas.
O alumnado adquirirá os coñecementos requiridos para ser operarios do sector da madeira e a construción na fabricación e montaxe de estruturas de madeiras baseadas en entramados lixeiros de madeira. Trátase dunha fromación específica sobre os diferentes tipos ou sistemas constructivos baseadas en entramado lixeiro de madeira, as súas diversas posibilidades de composición, a estructura das súas capas e os diferentes motivos da súa utilización, as etapas de deseño e a fabricación.
A formación tamén inclúe outros aspectos a ter en conta como a loxística, prefabricación, transporte ou montaxe, englobando os graos de industrialización da construcción.
Consulta as condicións de participación e inscríbete

Galego









Control OJD