Curso “O Abc da agricultura orgánica”, con Jairo Restrepo

Publicidade
Curso “O Abc da agricultura orgánica”, con Jairo Restrepo

Horta ecolóxica. / Arquivo.

A Fundación Juana de Vega, no marco da súa aposta polas actividades formativas vinculadas á produción agrogandeira sostible, organiza este curso da man de Jairo Restrepo Rivera, un dos maiores expertos a nivel mundial en agricultura orgánica.

O curso terá lugar entre os días 22 a 24 de outubro e a aprendizaxe centrarase en aumentar a fertilidade do solo aproveitando o potencial dos recursos naturais locais. O prezo é de 200€ e inclúe pausa-café e comidas.

As sesións teóricas impartiranse en Oleiros, onde se sitúa a Fundación Juana de Vega, e as sesións prácticas realizaranse en Os Biosbardos – Cultura de Leira, situado en Cambre. O número de prazas ofertadas son 25 e a inscrición pódese facer a través da páxina web da Fundación.

O programa do curso é o seguinte:

Martes, 22 de outubro

9.30 – 11:30h – Sesión teórica:
• Benvida e presentación do curso.
• A situación actual dos bioinsumos no mundo.

11.30 – 18:30h- Sesión práctica:
• Preparación de abonos orgánicos fermentados maduros e semimaduros. Aplicacións.
• Elaboración de fosfitos e as súas aplicacións.
• Elaboración de bio-preparados de bacterias lácticas.

Mércores, 23 de outubro

9.30 – 11:30h. – Sesión teórica:
• A fotosíntese.
• Enerxía, minerais e vida.

11.30 – 18:30h.- Sesión práctica:
• Elaboración de biofertilizantes (quelatos).
• Captura e reprodución de microorganismos de forma sólida.
• Activación líquida de microorganismos.
• Enriquecemento mineral de microorganismos (quelatos).
• Sementes con fariña de roca e minerais.
• Elaboración de biofertilizantes enriquecidos con quitosano.

Xoves, 24 de outubro

9.30 – 11:30h. – Sesión teórica:
• Experiencias exitosas en agricultura orgánica nivel mundial.

11.30 – 18:30h- Sesión práctica:
• Elaboración de 12 caldos minerais para o control de enfermidades e insectos nos diferentes cultivos.
• Hidrolatos.
• Biocarbón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información