Curso no Coristanco de iniciación e mellora da ganadería de vacún de carne

Curso no Coristanco de iniciación e mellora da ganadería de vacún de carne

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto organizar un curso sobre iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne no concello coruñés de Coristanco. Dita acción, que está organizada polo departamento de Investigación e Transferencia da Agacal, ten previsto desenvolverse dende o vindeiro luns 4 ata o venres 8 de outubro no local social da parroquia de San Paio.

A iniciativa, que se impartirá en horario de mañá, constará de 25 horas lectivas entre sesións teóricas e prácticas co obxectivo de incrementar o nivel de profesionalización do sector de vacún de carne galego. En concreto, na parte teórica analizarase a situación actual do sector, as razas de vacún de carne, a alimentación destes animais e a súa reprodución, así como conceptos básicos arredor da comercialización, da sanidade e do manexo ou sobre a implantación e fertilización de prados, entre outros. Mentres, a parte práctica consistirá nunha visita a unha explotación para aplicar os coñecementos previamente adquiridos.

O curso está dirixido a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico transferenciatecnoloxica.cmr@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 981 546 689.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información