Curso no Barbanza de iniciación e mellora da gandería de vacún de carne

Entre os vindeiros 18 e 22 deste mes impartirase no concello coruñés da Pobra do Caramiñal un curso de formación de “Iniciación e mellora da gandería de vacún de carne”.

A formación impartirase en horario de 9 a 14 horas no auditorio do Museo Valle Inclán. Máis información no teléfoo 981 377 607 ou no email medioambiente@apobra.gal

Os obxectivos do curso son achegar os coñecementos básicos para iniciar unha gandería de vacún de carne e para aqueles que xa teñan unha revisar e establecer unha estratexia de produción baseada na situación actual e nas prespectivas de futuro. Realizarase un repaso ás principais áreas de coñecemento da gandería (manexo de pastos, razas, sistemas de cría, sistemas de cebo, comercialización, manexo da reprodución, axudas, prevención de ataques de lobo, fertilización, cambio climático, análise económico e estratéxico da gandería, …). Farase tamén unha visita en campo para a posta en práctica dos coñecementos adquiridos ao longo do curso.

Trátase dun curso participativo no que se analizará en detalle cada unha das ganderías ou proxectos dos alumnos a través dun Plan Individual.

A inscrición é gratuíta e pode facerse online a través do formulario: https://forms.gle/xakQCUk5i6vjSmvU9

curso vacun de carne

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información