Curso na Gudiña sobre manexo do apiario e identificación e tratamento das enfermidades nas colmeas

Curso na Gudiña sobre manexo do apiario e identificación e tratamento das enfermidades nas colmeas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrar na Gudiña, entre o vindeiro luns 25 e o martes 26 de outubro, un curso sobre o manexo do apiario.

Impartido pola Oficina Agraria Comarcal (OAC) desta localidade ourensá, desenvolverase no edificio multiusos da vila cun total de seis horas de duración, en horario de 10,00 a 13,00 horas.

O obxectivo é que os participantes adquiran os coñecementos necesarios para un correcto manexo do apiario. Nesa liña, buscarase que sexan capaces de identificar as principais enfermidades e pragas das abellas e que saiban aplicar nas colmeas os tratamentos máis eficaces.

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico antonio.vega.dosantos@xunta.es. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 988 788 816.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información