
O Sindicato Labrego Galego organiza un curso gratuíto na Estrada (Pontevedra) unha formación de iniciación á aprendizaxe de fruticultura ecolóxica. As sesións serán os días 11 e 18 deste mes de xuño, e o 24 de setembro e 29 de outubro, no horario de15:30 a 19:30 horas. A organización recomenda asistir todos os días.
A formación está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas e será dirixida por Marcos Besada. Para asistir é preciso inscribirse en aestrada@sindicatolabrego.gal ou en 659 21 15 23.
A actividade conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

Galego









Control OJD