O Centro de Promoción Rural Efa Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), organiza un curso sobre fundamentos da apicultura práctica que se impartirá todos os mércores do 12 de febreiro ao 3 de xuño.
Para inscribirse é preciso chamar ao 981 73 30 51 ou enviar un correo a fonteboa@fonteboa.es
O prezo da inscrición é de 90 euros (80 para as persoas socias).
Velaquí o programa completo do curso: