Curso na Cañiza sobre cultivo do castiñeiro para castaña

Publicidade
Curso na Cañiza sobre cultivo do castiñeiro para castaña

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), desenvolverá o vindeiro xoves 26 de agosto un curso sobre nocións básicas para o aproveitamento dos soutos dirixido ao sector da castaña. A acción formativa celebrarase no auditorio da Casa da Cultura do concello pontevedrés da Cañiza, en horario de 18:30 a 22:30 horas.

Ao longo das catro horas de duración, o programa abordará diversos conceptos como a comercialización, a gama de produtos, a recollida, o procesado ou os mercados, así como os modelos de xestión, a calidade e composición do prezo ou a promoción do produto.
Deste xeito, o obxectivo principal deste curso é informar do que se está facendo no sector para que os produtores de castaña orienten as plantacións aos distintos mercados e poidan facer fronte ás actuais doenzas do castiñeiro.

As persoas interesadas poderán anotarse no curso cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico [email protected] Para máis información poden dirixirse ao número de teléfono 881 997 279.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información