Curso gratuíto sobre inglés comercial aplicado ao sector do viño

Publicidade

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrar na Estación de viticultura e enoloxía de Galicia (Evega), no concello ourensán de Leiro, un curso de inglés comercial aplicado ao sector do viño. Programado entre o martes 26 de outubro e o luns 29 de novembro, pretende ser unha formación a medida cun total de 60 horas de duración distribuídas en 25 días.

Coa iniciativa búscase dotar os participantes de ferramentas útiles que poidan ser postas en práctica en procesos de internacionalización de viños galegos, tanto en accións de promoción como en negociacións con posibles clientes foráneos. Así mesmo, perséguese axudar aos profesionais dos departamentos de internacionalización das empresas galegas do sector vitivinícola a realizar unha correcta comunicación oral e escrita en inglés.

Nesa liña, no amplo programa constan contidos que van desde os aspectos culturais dos países de fala inglesa, ás denominacións de orixe, ás distintas rexións vitivinícolas ou aos diversos tipos de consumidor. Tamén se abordarán as marcas como ferramentas de
venda, as novas tecnoloxías para chegar aos mercados internacionais e as estratexias de posicionamento.

Ao tempo, explicarase a terminoloxía inglesa relacionada coas catas, cos viñedos ou cos procesos de fabricación do viño, transmitindo habilidades para organizar eventos en inglés ou para levar a cabo técnicas de negociación. Cabe destacar que todas
as unidades inclúen casos prácticos para estimular o desenvolvemento de habilidades de expresión e comunicación.

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico
maria.j.gonzalez.gonzalez@xunta.es . Se queren solicitar calquera información adicional, poderán chamar ao teléfono 981 540 062.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información