Curso gratuíto sobre certificacións de calidade e ambientais

A décima edición desta actividade formativa, organizada por Agaca, desenvolverase durante o mes de outubro a través dunha plataforma de formación online

Curso gratuíto sobre certificacións de calidade e ambientais

O curso impartirase en liña nunha plataforma que estará operativa 24 horas

“A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e medioambientais” é un curso formativo gratuíto organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) que se impartirá durante o mes de outubro a través dunha plataforma de formación online aberta 24 horas; arranca o día 1 de outubro e permanecerá activo todo o mes. A inscrición realizase a través da páxina web da organización.

A formación consta de tres unidades didácticas: Cooperativismo no sector primario, certificacións de calidade -Iso, GlobalG.A.P., Brc/Ifs e certificacións de vacún de leite- e certificacións ambientais -Iso, análises de ciclo de vida, pegada de carbono e pegada hídrica-. As persoas inscritas deberán completar os módulos e aprobar os exames para obter o diploma.

Este curso enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social, que, así mesmo, conta co financiamento do Ministerio de Traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información