Curso gratuíto de técnicas de cultivo da viña en Galicia

Publicidade

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), inicia o 26 de xullo de 2021 un curso sobre  “VITICULTURA: TÉCNICAS DE CULTIVO”

Esta actividade desenvolverase na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en Leiro, Ourense. O dito curso impartirase en xornada de tarde, os días 26, 27,28 e 29 de xullo e os días 25, 26, 27 e 28 de outubro, e no mesmo colabora a Fundación Juana de Vega.

As prazas dispoñibles son 20. O prazo de inscrición rematará o día 25 de xullo agás que se esgoten antes as prazas. As solicitudes deberán remitirse perfectamente cubertas ao email: evega.medio-rural@xunta.gal

Podes descargar aquí o programa e a folla de solicitude.

EVEGA INICIACION VITICULTURA PROGRAMA 2021

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información