Curso gratuíto de resinado en Celanova e Lugo

Publicidade
Curso gratuíto de resinado en Celanova e Lugo

Extracción da resina nun piñeiral.

Data inicio: 02/11/2020
Data fin: 13/11/2020
Lugar: Celanova, España

Os municipios de Celanova (Ourense) e Coeses (Lugo) acollerán no mes de novembro sendos cursos para aprender a resinar. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a persoas desempregadas e que terá unha duración de 40 horas.

O curso contará cunha parte teórica, na que se abordarán cuestións como as técnicas e ferramentas de resinación, así como as características da resina e do piñeiro resineiro. Tamén se tratará a situación deste mercado ou a xestión sostible dos piñeirais.

Haberá ademais unha parte práctica na que se preparará unha zona para o resinado, compararanse diferentes técnicas de resinación e realizarase un desembosque e carga.

A formación en Celanova impartirase do 2 ó 6 de novembro nun local e monte cedido polo Concello. No caso do curso de Coeses o curso será do 9 ó 13 de novembro na Comunidade de Montes en Man Común de Coeses. Xa está aberto o prazo de inscrición para ambos cursos. As persoas interesadas poderán formalizar a súa matrícula ou solicitar máis información enviando un correo electrónico a bchacel@geaforestal ou nos teléfonos 911 406 746 e 677 47 61 78.

Ambos son cursos de formación gratuíta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade, cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Detallamos, a continuación, o programa básico dos contidos:

Contidos teóricos:

-A resina, descrición e situación do mercado.
-O piñeiro resineiro, descrición da especie.
-Técnicas de resinación
-Ferramentas de resinación
-Xestión Forestal Sostible
-Asociacionismo e xestión básica dunha explotación

Contidos prácticos:

-Preparación da zona a resinar
-Técnica:desroñe, pica, colocación grampa e pote, entalladura e remasa
-Comparación de diferentes técnicas de resinación
-Realización de desembosque e carga

Curso-resina-Celanova-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información