A entidade de aconsellamento Beealia xunto co GDR Terra e Auga organizan próximamente un curso formativo gratuíto para ganderías extensivas de vacún, ovino e cabrún de carne.
Nesta acción formativa, que se celebgará na comarca pontevedresa do Condado-Paradanta, analizarase de forma pormenorizada os principais aspectos das ganderías de carne:
– Gando e razas
– Pradeiras e forraxes
– Sistemas de manexo
– Canles de comercialización
– Convivencia co lobo
– Axudas e análise económico, entre outros.
Ademáis, realizarase unha análise de cada proxecto ou gandería dos asistentes de forma a ir engadindo o aprendido ao longo do curso á experiencia de cada un deles.
A formación impartirase os luns e mércores de 16:00 a 20:00 da tarde do 23 de setembro ao 9 de outubro.
Inscricións no 986 663 329 – Máis info no 619 032 791