Curso gratuíto de elaboración de viños e derivados en Ribadumia

A acción formativa terá lugar do 14 ao 29 de novembro na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia en horario de 17,00 a 21,00 horas

Publicidade
Curso gratuíto de elaboración de viños e derivados en Ribadumia

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto realizar un curso en Ribadumia sobre elaboración de viños e derivados. A acción formativa terá lugar do 14 ao 29 de novembro na Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia en horario de 17,00 a 21,00 horas e terá unha duración total de 40 horas.

O curso ten como obxectivo ensinar aos alumnos o marco legal que regula tanto o sector vitivinícola, como as denominacións de orixe e as indicacións xeográficas protexidas de Galicia, ademais dos diferentes procesos e técnicas de elaboracións dos viños e as elaboracións especiais. Tamén, abordará temas como os puntos de control críticos na elaboración de viños, a maquinaria e equipos a empregar ou os procesos de elaboración das augardentes e licores tradicionais de Galicia, entre outros.

Esta formación está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

A inscrición pode facerse online no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 886 159 413, ou enviarse un correo a evega.ribadumia.medio-rural@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información