Curso gratuíto de benestar animal en Monforte

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción formativa sobre benestar animal nas explotacións. Levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos desde o 1 ata o 11 de xullo cunha duración total de 20 horas, en horario de tarde das 16:00 ata as 20:00 horas.

Os obradoiros abordan tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre o estudo do benestar animal e o correcto desenvolvemento da actividade profesional nas explotacións. Estas iniciativas están dirixidas ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, e tamén ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto a xuventude do medio rural.

A inscrición pode facerse online dende esta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información