Curso formativo sobre xestión das comunidades de montes

O Distrito Forestal IX Lugo-Sarria da Consellería do Meedio Rural organiza un curso de formación sobre “Xestión Xuntas Reitoras de Comunidades de Montes FC2022F127161”. A formación impartirase no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo (planta 1º) o xoves 30 de xuño de 16h a 20h.

Esta acción formativa está incluída dentro do programa de primaveira de “Cadeiras de Divulgación Forestal”, dentro do plan de formación agroforestal 2022 de AGACAL-Consellería do Medio Rural.

O curso será desenvolvido por persoal técnico da Consellería do Medio Rural e contará cos seguintes aspectos a desenvolver:
Aspectos normativos dos montes veciñais en man común.
Aspectos administrativos a desenvolver polas xuntas reitoras.
Ferramentas para a xestión das comunidades de montes.

As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enderezo:
https://ovmediorural.xunta.gal/es/consultas-publicas/acciones-formativas

 

Cadeiras Xuntas Reitoras 30 xuño 22

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información